José Enrique Benlloch e o priorado de Moraime
Interesante ártigo publicado no diario dixital “Que pasa na costa” no que José Enrique Benlloch del Río nos segue debullando a importancia histórica de Moraime analizando fontes primarias. Podese ver aquí.
La ciudad de los territorios
Novamente o xornal La Opinión Coruña acheganos un ártigo do historiador Arturo Abad. Podese acceder neste ligazón.
Beatriz López: Cabildo y concello, una pugna fiscal
O xornal La Opinión Coruña adica un ártigo á historiadora Beatriz López. Podese acceder neste ligazón.
Presentación do libro: “Torres, pazos e casas fidalgas da Estrada”
Os socios José M. Bértolo e Luís Ferro presentan o seu libro “Torres, pazos e casas fidalgas da Estrada” o próximo día 25 de marzo ás 19’30 h. no Teatro Principal da Estrada. Debido á limitación do aforo, hai que solicitar invitación perante o Concello da Estrada.
Instituto de Historia y Cultura Militar: Curso de Vexiloloxía
O Instituto de Historia y Cultura Militar (IHCM), con sede en Madrid, desenrola anualmente unha serie de cursos en modalidades presencial e on-line.
Nesta ocasión a celebración dun Curso de Vexiloloxía será en Madrid do 12 ao 21 de Abril (presencial e on-line).
Obxecto do curso: Lograr que o alumno sexa capaz de identificar, clasificar e situar historicamente unha Bandeira ou Estandarte así como proporcionarlle unha linguaxe específica.
Información: Por correo ordinario dirixida ao Excmo. Sr. General Director del Instituto de Historia y Cultura Militar, Paseo de Moret, 3. 28008 – Madrid.
E/ou no Museo Histórico Militar A Coruña, Praza Carlos I, s/n, 15001 – A Coruña Tfno. 981205300
El priorato de San Cibrao de Bribes en la Edad Moderna
O artigo “El priorato de San Cibrao de Bribes en la Edad Moderna” de Javier García Gómez, publicado no último Nalgures é obxecto de atención pola prensa.
Un retrato de la regatona coruñesa
Nalgures XVI engadido para descargar
Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XVI en PDF.
Tratase dun monográfico sobre o mosteiro cisterciense de Santa María de Monfero e a súa documentación (1088-1300), obra póstuma de Jose Luis López Sangil, axudado neste arduo traballo polos socios e amigos Manuel Vidán Torreira e Mª Josefa Sanz Fuentes.
Descargar Nalgures Nº 16
Pedro y Muño, a primeira boda gay en España… no ano 1061
¿Un matrimonio gay entre dous homes en 1061?. Máis información sobre esta nova no seguinte enlace.
Exposición 750 anos construíndo a Historia de Pontedeume
Sempre vale a pena visitar Pontedeume. Unha disculpa pode ser a visita a esta exposición:
A exposición 750 anos construíndo a Historia de Pontedeume propón un percorrido polo pasado da vila a través de 16 espazos temáticos, desde a súa fundación en 1270 na beira da ponte que lle dá nome, ata a súa configuración como centro comarcal de servizos, pasando polo seu pasado señorial e polos fitos que configuran a súa identidade. E faino recollendo os documentos escritos e iconográficos máis representativos, contrapoñéndoos ao labor dos historiadores que os exhumaron e utilizaron. A eles dedícase o último espazo, porque sen historia escrita non hai Historia e sen Historia non hai pasado.