Facebook

Exposición “El pergamino de Ribadeo: una aportación al estudio de los libros litúrgicos medievales gallegos” na mostra itinerante “A memoria do son”.

A mostra itinerante “A memoria do son pode visitarse dende o 19 de xaneiro ata o 20 de febreiro na Oficina de Turismo de Ribadeo, na que se expoñen instrumentos musicais de orixe medieval construidos polo Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) feitos a partir de representacións escultóricas destes instrumentos en lugares emblemáticos como o Pórtico da Gloria ou o Pazo de Xelmírez.

A estancia desta mostra en Ribadeo inclúe excepcionalmente nesta ocasión a exposición pública por vez primeira dun pergamino dos séculos XIII-XIV reutilizado como cuberta dun libro do século XVI, que foi atopado recentemente no arquivo histórico municipal de Ribadeo polo noso socio Alberto Paraje, sendo obxecto dun traballo específico publicado no último número da nosa revista Nalgures, proximamente na nosa web.

Descarga “El pergamino de Ribadeo: una aportación al estudio de los libros litúrgicos medievales gallegos

Neste pergamino, procedente dun Breviario catedralicio e que pasa por ser o documento máis antigo existente no arquivo do concello de Ribadeo, atopáronse varias pezas de canto gregoriano grafiadas en antiga notación aquitana, que con motivo desta exposición foron interpretadas e grabadas pola Coral Polifónica de Ribadeo, accesible neste enlace ou ao final desta publicación.

O noso compañeiro e investigador Luis Ferro Pego ingresa na Academia Xacobea

O noso compañeiro e investigador Luis Ferro Pego ingresou onte na Academia Xacobea nun evento que tivo lugar no marco do pazo de Oca na Estrada. Asistiron ao acto, entre outros, os socios de Estudios Históricos de Galicia dona María Josefa Sanz, vicepresidenta da Academia Xacobea,  e José Manuel Bértolo. Parabéns ao homenaxeado.

Nova publicación de Rosa Ma Guntiñas Rodríguez: “San Pedro de Valverde una feligresía-coto de la Tierra de Lemos a la luz del Catastro de Ensenada”

Deixamos a continuación o enlace de descarga para a nova publicación de Rosa Mª Guntiñas Rodríguez: “San Pedro de Valverde una feligresía-coto de la Tierra de Lemos a la luz del Catastro de Ensenada”.

Descargar publicación

Disertación de Rosario Martinez en Drozdowo (Polonia)

Invitada pola Universidade de Balystok (Polonia), a nosa compañeira Rosario Martínez acudirá este próximo 13 de xuño a Drozdowo, para ofrecer unha disertación sobre a poesía de Sofía Casanova. O acto terá lugar na mansión en que viviron os Lutoslawski. Tal mansión ten unha parte dedicada a Museo para a memoria da familia  e outra para dar a coñecer o parque natural da zona, onde hai fauna e flora interesantísimas. 

Parabéns por este recoñecemento internacional a esta investigadora tan querida por nós.

Felices festas e feliz 2022

Novo artigo de Jose Enrique Benlloch del Rio

Incluido un novo artigo de Jose Enrique Benlloch del Rio publicado na Nosa revista Nalgures XVIII: “La documentación medieval del priorato de Moraime (III): Convenio entre el priorato de Moraime y los vecinos del puerto de Muxía en el año de 1338. Reinado de Alfonso XI”, por María Josefa Sanz Fuentes e Jose Enrique Benlloch del Rio.

Descargar publicación

Nalgures XVIII

Xa se comezou a entregar entre os socios a revista desde ano 2021, Nalgures XVIII, co seguinte sumario:

  • Presentación.
  • El Pazo de  A Rigueira de Ferrol (Xove): Entronques y Parentela. Alfonso Daniel Fernández Pousada.
  • El priorato de San Cibrao de Bribes en el siglo XVIII. Jurisdicción y relaciones socioeconómicas. Javier García Gómez.
  • De Santa María de San Salvador a Santa María de Rozavales de la mano de la peregrinación jacobea. Rosa Mª Guntiñas Rodríguez.
  • La triste singladura del contralmirante Azarola Gresillón (1874-1936). José María López-Dafonte Sanjuán.
  • La desconocida figura de José López de la Vega, publicista y médico ferrolano del s. XIX. Mª Rosario Martínez Martínez.
  • El pergamino de Ribadeo: una aportación al estudio de los libros litúrgicos medievales gallegos. Alberto Paraje Méndez.
  • Los Sequeiros de aquende el Miño. Carlos de la Peña Vidal.
  • As primeiras alumnas do Instituto da Coruña. Ana Romero Masiá.
  • La documentación medieval del priorato de Moraime (III): Convenio entre el priorato de Moraime y los vecinos del puerto de Muxía en el año 1338. Reinado de Alfonso XI. María Josefa Sanz Fuentes/José Enrique Benlloch del Rio.
  • Actividades.

Nova publicación de Rosa Ma Guntiñas Rodríguez: “San Pedro de Sindrán, una feligresía coto de la Tierra de Lemos a la luz del Catastro de Ensenada”

Deixamos a continuación o enlace de descarga para a nova publicación de Rosa Mª Guntiñas Rodríguez: “San Pedro de Sindrán, una feligresía coto de la Tierra de Lemos a la luz del Catastro de Ensenada”.

Descargar publicación

9 de octubro

Magnífica jornada de confraternidad y estudio que pasamos este sabado 9 de octubro varios de los miembros de la Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, visitando el monasterio de Sobrado dos Monxes, los frescos de la enigmática iglesia de Santa María de Labrada (Guitiriz) y el campamento romano de Ciadella (Sobrado) en el que posamos en cuasi-perfecta formación emulando a los disciplinados soldados romanos de la Cohors I Celtiberorum Equitata civium romanorum con base en Lucus Augusti, que aquí estuvieron establecidos hace 1.800 años, vigilando la importantísima Vía XX, per loca maritima, que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) pasando por Brigantium (A Coruña) y Lucus Augusti (Lugo).

Novo artigo de Ana Romero Masiá: “Entre a protección e o control. As espontaneadas da Coruña e Ferrol (1750-1800)”

A catedrática Ana Romero Masiá, membro da directiva da nosa Asociación e directora do Instituto José Cornide da Coruña, envíanos para a súa difusión o seu interesante artigo “Entre a protección e o control. As espontaneadas da Coruña e Ferrol (1750-1800)”.

Descargar publicación

Presentación do libro “Fidalguía e Heráldica da Terra de Montes”, por José Manuel Bértolo Ballesteros

Presentación do libro “Fidalguía e Heráldica da Terra de Montes”, por José Manuel Bértolo Ballesteros.

Terá lugar o próximo Sábado día 2 de outubro no Auditorio-Centro Cultural de Cerdedo:

  • Ás 17:30 horas -no citado Auditorio- verbas de homenaxe e imposición das correspondentes insignias de ouro da Asociación Amigos de Terra de Montes a: José Fortes Muradás (Beariz), Silvestre José Balseiros Guinarte (Cerdedo-Cotobade) e José María Álvarez Sanmartín (Forcarei).

  • A continuación, finalizando as actividades da xornada: Presentación do libro “Fidalguía e Heráldica da Terra de Montes” do Catedrático e Investigador natural de Soutelo de Montes, José Manuel Bértolo Ballesteros. Unha publicación promovida pola Asociación, con deseño da cuberta obra do pintor Xosé Caramés Campos, prólogo de Xesús Antonio Gulías Lamas e patrocinada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia

Nova publicación de José María López-Dafonte Sanjuán: “Las relaciones entre Franco y Mussolini durante la Guerra Civil”

José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: “Las relaciones entre Franco y Mussolini durante la Guerra Civil”

Descargar publicación