Facebook

Celebración do día dos museos na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

In Memoriam Gregorio Casado

Cúmprese un mes do pasamento do noso estimado colega Gregorio Casado González (1960-2022), unha perda para a comunidade investigadora galega que nos causou fonda tristura.

Gregorio, Goyo para os amigos, era licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Experto coñecedor do Arquivo do Reino de Galicia, da Fundación Penzol -que lle dedicou un recordo agarimoso– e de tantos outros centros de referencia (AHN, Chancillería, Simancas, etc.), estudou a xudería de Ribadavia, o balneario de Carballo, a historia antiga do Barbanza, a batalla de Rande, o campo de concentración de Camposancos, as actas das Xuntas do Reino de Galicia, os fondos do Arquivo Catedralicio, abordou o legado documental de célebres persoeiros galegos e a descrición informatizada do COAG…

Deixa pois un ronsel de traballos que recomendamos consultar. Ademais ostentou o cargo de tesoureiro do Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia, onde era moi apreciado.

Alén da súa experiencia en arquivística e dos seus coñecementos paleográficos foi un especialista no aspecto documental dos montes en Galicia, e serviu como perito para a defensa dos intereses de comunidades veciñais en diversos preitos, abordando as fontes catastrais a prol dos dereitos da cidadanía. Causas xustas polo ben común que son a forma máis bela que temos de lembralo.

Fiel lector de medios francófonos, ademais de estudoso vocacional e profisional recoñecido no seu labor, caracterizouse por ser desprendido e atento: sempre disposto a compartir o seu coñecemento, recursos e ferramentas con compañeiros no eido da investigación e a botar unha man cando se precisaba, tamén con membros da nosa Asociación de Estudos Históricos de Galicia. José Enrique Benlloch del Río di que “desde a pena de perder un colega, súmome aos coñecidos de Goyo que comparten este sentimento” e lémbrao así: “A súa mestría na paleografía, a súa xenerosidade na axuda a descifrar esas difíciles abreviaturas obrigábame a ter a disponibilidade para con el todos os días do ano. Non é fácil asumir a súa ausencia, non é. Compartiamos transcricións e, candos nos enviabamos algún texto enrevesado para revisión, moitas veces mostraba sorpresa con humor mais nunca fallaba a súa frase Mándamo para aquí, non se daba por vencido ata resolvelo.”

Celebramos ter compartido con alguén da súa valía persoal e profisional encontros, tertulias e análises. Perdemos un dos bos e xenerosos. Queda connosco a túa lembranza e o teu bo facer, non te esqueceremos nin a ti nin o que aprendemos traballando contigo, amigo Goyo.

Nun encontro auspiciado pola USC, de esquerda a dereita, Juan Manuel Vázquez Sobrado, Óscar González Murado, o propio Gregorio Casado González, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, Rosalía Castiñeira Quintáns e José Enrique Benlloch del Río.

Presentación do libro “Emilia Pardo Bazán e Galicia”

Presentación do libro “Emilia Pardo Bazán e Galicia”, este mércores 4 de maio ás 20:00 h. na Sala de Cultura del S.C. Casino, Calle Real, 83.

Exposición das ilustracións orixinais do álbum de banda deseñada sobre a vida de Emilia Pardo

O luns 25 de abril, na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, as 18:00 h, presentación da banda deseñada Emilia Pardo Bazán e á exposición dos Debuxos Orixinais da man da ilustradora Weronika Hańczyc e da autora do texto Alicia Palmer.

Presentación de libros no Museo Histórico Militar

Invitacións para a presentación de dous libros dentro das primeiras xornadas sobre condecoración histórica: “Medallas y Ordenes de las Guerras Napoleónicas y Revolucionarias(1792-1815)” (autor Jesús Chapela), previstas para o 15 de marzo de 2022 e “Historia de la Cruz de Hierro” (autor Eduardo Caamaño), prevista para o 17 de marzo de 2022 no Museo de Historia Militar da Coruña.

Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández

Homenaxe da Real Academia Galega ao académico e Profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández o 17 de marzo de 2022 ás 17:00 horas na Real Academia Galega, Rua Tabernas 11, A Coruña.

Presentación do libro: Exilio Republicano y Pluralismo Nacional

Presentación do libro: “Exilio Republicano y Pluralismo Nacional, (España, 1936-1982), por Ramón Villares, o día 10 de marzo as 20:00, no salón de actos Fundación Paideia, Plaza María Pita 17, A Coruña.

Presentación do libro: A voz das últimas cigarreiras coruñesas: Lembranzas dun tempo ido

Presentación do libro: “A voz das últimas cigarreiras coruñesas: Lembranzas dun tempo ido”, por Ana Romero Masiá e Xulia Santiso Rolán, o día 9 de marzo as 19:30 horas na Libraría Moito Conto.

Nova publicación de José María López-Dafonte Sanjuán: “Lois Félix Dequidt Gantois, un profesor francés en el tiempo de Isabel II (1843- 1868): Su trayectoria docente en Ferrol y otras consideraciones”

José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: “Lois Félix Dequidt Gantois, un profesor francés en el tiempo de Isabel II (1843- 1868): Su trayectoria docente en Ferrol y otras consideraciones”

Descargar publicación

Presentación do libro: A Coruña baluarte da liberdade. 1820-1823

Presentación do libro: A Coruña baluarte da liberdade. 1820-1823″, por Ana María Romero, Xosé Alfeirán e Xosé R. Veiga, o día 22 de febreiro as 19:00 horas na. biblioteca de Estudos Locais, Durán Loriga nº 10.

Presentación do libro da nosa compañeira Ana Romero Masiá

Presentación do libro da nosa compañeira Ana Romero Masiá titulado “Mercedes Tella Comas (1868-1934)” na Librería Lume o próximo mércores día 16 ás 19:30, á que estamos todos invitados.

Artigo de Javier García Gómez

A prensa faise eco dos artigos da nosa revista Nalgures. Neste caso do artigo de Javier García Gómez sobre o Mosteiro de San Cibrao de Bribes.