Premios da Cultura Galega 2023
Hoxe mércores, 7 de febreiro, entregáronse os Premios da Cultura Galega 2023 no antiguo convento pontevedrés de Santa Clara, nas súas oito categorías
No apartado de Patrimonio Cultural o galardón foi para o historiador, profesor e investigador D. Eduardo Pardo de Guevara, Socio de Honra da Asociación de Estudios Históricos de Galicia. Como se reseña na convocatoria, este galardón pretende valorar a traxectoria meritoria vinculada á protección, conservación e difusión do patrimonio cultural galego, material e inmaterial, en calquera medio ou campo de actuación.
Vaia desde aquí o noso recoñecemento e noraboa por este merecido premio.
Presentación Nalgures XXI
Onte martes, 23 de xaneiro, presentamos a revista da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Nalgures XXI, correspondente ó ano 2023, composta de 11 artigos de investigación de variada temática histórica, cultural e social. O acto, ó que asistiron numerosas persoas, celebrouse nas instalacións do Sporting Club Casino da Coruña, e contou coa conferencia de D. Arturo Abad Pardo titulada “Entre Austrias y Borbones, A Coruña y Baiona en la Guerra de Sucesión, 1700 – 1714”.
A partir desta data, xa está dispoñible nas principais bibliotecas e arquivos de Galicia, ademais da nosa páxina web.
Presentación Nalgures XXI
A Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta a revista NALGURES XXI o vindeiro martes 23 de xaneiro de 2024 ás 20 h. na 3ª planta do Sporting Club Casino, rúa Real, 83.
De seguido, conferencia de D. Arturo Abad Pardo: “Entre Austrias y Borbones, A Coruña y Baiona en la Guerra de Sucesión, 1700-1714”.
A Estrada, miscelánea histórica e cultural.
O vindeiro martes 26 de decembro preséntase, ás 20:00 horas no Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, a XXVI edición da revista Miscelánea Histórica e Cultural. Entre os seus variados traballos, inclúense os asinados por varios membros da nosa Asociación.
Luis Ferro Pego xunto con Xosé Troiano Carril, presentan “Campás e campaneiros”, un estudo sobre as campás que inclúe un inventario de todas as do concello da Estrada, ademais dunha completa relación dos mestres fundidores acompañada dunha breve xenealoxía de cada un deles.
Xosé Manuel Bértolo Ballesteros analiza no seu artigo “O doutor Ramón Amigo Brey”, a biografía deste médico, coñecido tanto na Coruña, donde exerceu o seu oficio, como na súa parroquia de nacemento no 1860, Oca de Arriba. Ilustres literatos como Emilia Pardo Bazán, Manuel Reimóndez ou Victoria Armesto adicaron numerosas páxinas a este personaxe.
Javier García Gómez, baixo o título “Dereitos de presentación, rendas, padroado e beneficios de San Martiño Pinario e a Universidade de Santiago, sobre varias parroquias da Estrada no século XVI”, analiza estas obrigas nas freguesías estradenses de Moreiras, Frades, Matalobos, Orazo e San Xurxo, San Xiao e San Andrés de Vea.
Adxuntamos publicación no xornal La Voz de Galicia do 21 de decembro do 2023.
O monasterio de San Cibrao de Bribes
Presentación do libro a cargo do noso compañeiro da Asociación de Estudos Históricos de Galicia, Javier García Gómez, o día 17 de decembro ás 12:00 horas no local da Asociación Veciñal O Cruceiro de Bribes (Riveiriña, Bribes, Cambre).
Nas súas case 400 páxinas ilustradas detállase a historia deste mosteiro de As Mariñas da Coruña, cuxas primeiras referencias documentais remóntanse a principios do século X, a súa orixe e asentamento, o seu papel na articulación territorial, e as numerosas concesións reais. ata a súa anexión a San Martiño Pinario de Santiago a finais do século XV, por mandato dos Reis Católicos.
Na Idade Moderna, como priorato dependente, analízanse a súa organización e goberno, xurisdición territorial, relacións coa comunidade e sistema económico. Descríbese a súa arquitectura, dependencias e as manifestacións artísticas da parroquia asociada. A partir do século XIX detállanse os procesos de desamortización que levaron ao seu estado actual.
Complétase cun detallado anexo documental coa transcrición de 58 documentos, fontes primarias na súa maioría inéditas, desde 1182 ata finais do século XIX, que axudan a contextualizar o corpus descritivo.
Actualización do artigo “La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929″
José María López-Dafonte Sanjuán actualizou o seu artigo “La visita del escritor Luis Bello a la escuela obrera de Ferrol en 1929“
Descargar publicaciónNovo artigo de José M. Bértolo: “Xenealoxía e heráldica dos Ballesteros del Mazo desde o século XVI ata os nosos días”
José M. Bértolo presenta a xenealoxía e heráldica dos Ballesteros del Mazo desde o século XVI ata os nosos días. Os Ballesteros viviron nos pazos de Tarrío (Dodro) e Golpilleira (Vilagarcía) e nas casas fidalgas de Monteagudo (Codeseda), Ribela e dos Araúxo en A Ponte (as tres últimas no concello da Estrada). Ademais o primeiro matrimonio Ballesteros del Mazo figura como proxenitores de Julia de Castro, a ascendente máis antiga de Rosalía de Castro e de quen recibe o apelido.
Descargar publicaciónAlecríns 2023
A Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña, FEGALCAT, ven de conceder os seus premios Alecríns 2023, efectivos na xuntanza que terá lugar en Castro Caldelas o vindeiro 9 de agosto.
Entre os galardoados nos diversos eidos da cultura e as artes, en votación por unanimidade, destacamos ao noso compañeiro da Asociación Estudios Históricos de Galicia, D. Alberto Paraje Méndez, que acadou o premio Alecrín na seción de Historia.
A nosa noraboa por este premio, que recolle unha longa traxectoria de investigación histórica de Galicia.
Coloquio Internacional: “Un océano, dous destinos”
O vindeiro mes de setembro, do 13 ao 15, na cidade de Ferrol, celebrarase o Coloquio Internacional: “Un océano, dous destinos”. A inscrición é gratuíta a través deste sitio web. Adxuntamos o programa para a súa consulta.
Actualización do artigo ″Julio Sanjuán, en escena: sus raíces, su huida a América y su trayectoria artística“
José María López-Dafonte Sanjuán actualizou novamente o seu artigo “Julio Sanjuán, en escena: sus raíces, su huida a América y su trayectoria artística“
Descargar publicaciónActualización do artigo ″Julio Sanjuán, en escena: sus raíces, su huida a América y su trayectoria artística“
José María López-Dafonte Sanjuán actualizou o seu artigo “Julio Sanjuán, en escena: sus raíces, su huida a América y su trayectoria artística“
Descargar publicación