Noticias » Localizados e datados varios canóns en Ribadeo e Castropol

Localizados e datados varios canóns en Ribadeo e Castropol

Seguen xurdindo novas e aumentando a repercusión mediática sobre o Nalgures XXII (2024). O noso compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Alberto Paraje Méndez, é o protagonista do artigo publicado hoxe, 13 de marzo, no xornal El Progreso de Lugo.

O autor acadou a identificación e datación de cinco pezas de canón en varias localidades, galegas e asturianas, na ría de Ribadeo; formando parte das defensas costeiras que tiveron o seu epicentro no forte de San Damían. O estudo completo verá a luz nas vindeiras semanas nunha publicación monográfica, da que daremos boa conta no seu momento.

Mais información no seguinte ligazón.