Organizada pola Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, coa colaboración do Concello de Ribadeo, o domingo 2 de marzo ás 17:00 horas, na sala 3 do Forte de San Damián de Ribadeo, Alberto Paraje pronunciará unha conferencia sobre o ataque inglés a Ribadeo do ano 1719.
Foi éste sin dúbida o episodio bélico máis salientable na Historia da nosa Ría, no que participaron conxuntamente o Forte de San Damián e a Batería da Atalaia, cun desenlace certamente inesperado e deixando tras de sí dous dos pecios máis famosos da nosa Ría: as fragatas “San Francisco” e “Galgo de Andalucía”, aínda hoxe sin localizar.
A asistencia será libre e gratuita ata completar o aforo. Lembramos tamén que o Forte de San Damián estará aberto o sábado día 1 de marzo de 10:30 a 13:30 horas, con visita guiada gratuita ás 12:00, previa inscripción.