Noticias » Federico Tapia Segade. 1825-1891. Primeiro alcalde republicano da Coruña.

Federico Tapia Segade. 1825-1891. Primeiro alcalde republicano da Coruña.

Xa está nas nosas mans o libro coa biografía do primeiro alcalde republicano da Coruña, a súa traxectoria na política local e nacional, protagonista da historia do seu tempo, do desenrolo dunha cidade vangardista e ilustrada; xunto coa expansión económica, social e urbanística do século XIX.

Este ensaio, obra dos investigadores Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, membros da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, editado pola Fundación Luis Tilve, foi presentado o pasado venres, 17 de xaneiro, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña.