O pasado mes de decembro presentouse o Anuario Brigantino nº 43, que recolle a vida diaria do municipio durante o ano 2023 xunto a unha serie de investigacións sobre a historia local de Betanzos.
Nesta presente edición de algo mais de 400 páxinas, dispoñible en formato libro e en versión dixital, destacan varios artigos de investigación asinados por membros da Asociación de Estudios Históricos de Galicia.
- “San Roque padroeiro de Betanzos desde 1694”, por José Manuel Bértolo Ballesteros.
- “O sistema de veredas da provincia de Betanzos (Séculos XVIII e XIX)”, por Álvaro Benedicto Pérez Sancho.
- “Areeiros betanceiros: unha pequena historia contada por eles mesmos”, por Xosé María Veiga Ferreira.