Noticias » A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural.

A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural.

Onte, 27 de decembro, presentouse no Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, a XXVII edición da revista A Estrada Miscelánea Histórica e Cultural. Entre os seus variados traballos de investigación histórica, arqueolóxica, artística e cultural, inclúense os asinados por varios membros da nosa Asociación.

Luis Manuel Ferro Pego xunto con José Manuel Bértolo Ballesteros, presentan “Mosteiro femenino de San Xurxo de Codeseda”, un estudo sobre as orixes, a vida monástica, o réxime económico, os privilexios, doazóns, bulas e concesións reais, xunto coas inscricións que formaron parte deste antigo mosteiro.

Javier García Gómez, baixo o título “A Estrada a mediados do século XX. Documentos cartográficos e planimetría”, analiza as representacións cartográficas deste concello a través das fontes documentais e rexistros de actas, cadernos de campo, planimetrías e altimetrías como orixe do Mapa Topográfico Nacional.