O pasado 7 de xuño deixounos o noso compañeiro da Asociación, Juan José Burgoa na súa cidade natal de Ferrol. Marino de profesión, escritor e investigador, foi autor dun cento de publicacións e artigos de investigación histórica, etnográfica e cultural.
Colaborou con varios medios de comunicación e publicacións especializadas como Anuario Brigantino, Estudios Mindonienses, Nalgures, Cátedra, Revista de Neda, Rudesindus, Restauro, Cuadernos de Estudios Gallegos, Abrente, Museo de Pontevedra, Museo de Lugo, Nordesía, Ferrol Análisis, Atenea, Papeis Ártabros, Arimathea, Ferrol Metrópoli, entre outras, destacando a súa laboura na catalogación do patrimonio etnográfico de Galicia.
Para a revista Nalgures achegou varios traballos, sendo unha figura clave e destacada na andadura da publicación desde os seus inicios:
- 2005. II. A Lagoa de Doniños en Ferrol e as lendas de cidades asolagadas.
- 2006. III. Vida y obra del Marqués de Amboage. Historia de su fundación benéfica.
- 2007. IV. A editorial ferrolá Céltiga (1921-1923).
- 2009. V. José Alonso López en las Cortes de Cádiz. La abolición del Voto de Santiago.
- 2010. VI. A protesta de Pedro Padrón, ante la corte de Juan II (año 1432).
- 2011. VII. Jose Ferrer de Couto, historiador y periodista ferrolano.
- 2012. VIII. La armada gallega de Diego Gelmírez.
- 2013. IX. Santa Catalina de Montefaro (coautor).
- 2014. X. El Tinglado de Maestranza del Arsenal de Ferrol (250 años de un edifcio industrial del siglo XVIII).
- 2015. XI. Vida y obra de Nicolás Fort y Roldán, un escritor y militar ferrolano.
- 2016. XII. Fundación del Monasterio de Pedroso el año 1111 Primera mención documentada de la Villa de Ferrol (coautor).
Desde a Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, sumámonos á homenaxe que merece, lembrando a súa traxectoria desde o máis sincero respeto como persoa, profesional e investigador, ó que tanto debemos agradecer pola súa aportación a prol dos estudios históricos en Galicia.