Parabéns á nosa compañeira Ana Romero Masiá, membro da directiva da nosa asociación e desde hai pouco membro da Real Academia Galega, por ser nomeada como directora do Instituto José Cornide. Tamén queremos felicitar á que vai ser a súa secretaria, Mariola Suarez, membro da directiva da nosa asociación, arquiveira municipal e cronista oficial da Coruña.
Desexámoslles moitos éxitos e que a súa actividade sexa fecunda para ben da cidade da Coruña.
La Opinión de A Coruña: O Instituto José Cornide elixe directora a Ana Romero tras 28 meses sen responsable