Invitada pola Universidade de Balystok (Polonia), a nosa compañeira Rosario Martínez acudirá este próximo 13 de xuño a Drozdowo, para ofrecer unha disertación sobre a poesía de Sofía Casanova. O acto terá lugar na mansión en que viviron os Lutoslawski. Tal mansión ten unha parte dedicada a Museo para a memoria da familia e outra para dar a coñecer o parque natural da zona, onde hai fauna e flora interesantísimas.
Parabéns por este recoñecemento internacional a esta investigadora tan querida por nós.