Con motivo do 90 aniversario da súa proclamación, Xosé Alfeirán coa contribución do Concello da Coruña edita esta colección de postais. Son 31, en alusión simbólica ao ano 1931.
Trátase dunha aproximación aos acontecementos históricos que se sucederon nos dous meses previos á chegada da II República, durante o derradeiro goberno da monarquía presidido curiosamente por un coruñés. En cada postal vai unha foto da época ou unha portada de periódico ou un documento que testemuñan un suceso político acontecido neses meses na Coruña ou no que estiveron implicados os coruñeses almirante Aznar e Casares Quiroga. Van acompañadas dun texto explicativo e de anacos seleccionados de noticias publicadas na prensa local.
Descargar publicación