No mes de marzo terá lugar o Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino, que baixo o título: “Parque do Pasatempo ou o Mundo en Betanzos”, terá lugar no salón azul do Edificio Liceo este mes de marzo, sempre ás 20h.
- 5 de marzo do 2020, Pilar Cagiao Vila
De idas e voltas: as migracións galegas das américas e o seu impacto nas dúas beiras. - 12 de marzo do 2020, Sara Fraga Pérez
Sempre houbo ricos e pobres: a convivencia da moda parisina das García Naveira cos últimos resquicios do traxe tradicional galego. - 18 de marzo do 2020, Daniel Lucas Teijeiro Mosquera
O Parque do Pasatempo: unha “finca-museo”. - 26 de marzo do 2020, Ángel Arcay Barral
Qué é o Parque do Pasatempo? Arte, capricho e iniciación.