O sábado día 21 de outubro ás 12 h realizarase unha visita á Torre de Hércules tendo por guía a José Alfeirán. Vémonos xunto ao Centro de Interpretación que está a carón do aparcadoiro. A visita é gratuita.
Logo -os que queiran- camiñaremos pola beira do mar pois o tempo vai estar bo, para admirar a natureza, a historia e as esculturas que hai nese tramo ata chegar ao Club do Mar en Adormideras onde ás 14 h. podemos degustar un buffet por 8 euros.
Actividades » Visita á Torre de Hércules