Articles posted by admin (Page 6)
Author Archives: admin
Pésame
O día 24 tivo lugar o óbito do pai do noso secretario Javier García Gómez. Descanse en paz. Conta co apoio incondicional de todos os membros da Asociación nestes momentos de dor.
Pésame
O equipo directivo, xunto cos moitos socios que nos trasladaron o seu pésame, queremos manifestar o noso apoio e afecto aos socios José María e Wolfgang José García-Osuna polo falecemento da súa esposa e nai Consuelo Pérez. Nestas circunstancias non hai palabras que sirvan de conforto, pero queremos que reciban a calor dun abrazo dos que compartimos con eles un labor a través desta Asociación.
José Enrique Benlloch e o priorado de Moraime
Interesante ártigo publicado no diario dixital “Que pasa na costa” no que José Enrique Benlloch del Río nos segue debullando a importancia histórica de Moraime analizando fontes primarias. Podese ver aquí.
La ciudad de los territorios
Novamente o xornal La Opinión Coruña acheganos un ártigo do historiador Arturo Abad. Podese acceder neste ligazón.
Beatriz López: Cabildo y concello, una pugna fiscal
O xornal La Opinión Coruña adica un ártigo á historiadora Beatriz López. Podese acceder neste ligazón.
Presentación do libro: “Torres, pazos e casas fidalgas da Estrada”
Os socios José M. Bértolo e Luís Ferro presentan o seu libro “Torres, pazos e casas fidalgas da Estrada” o próximo día 25 de marzo ás 19’30 h. no Teatro Principal da Estrada. Debido á limitación do aforo, hai que solicitar invitación perante o Concello da Estrada.
Instituto de Historia y Cultura Militar: Curso de Vexiloloxía
O Instituto de Historia y Cultura Militar (IHCM), con sede en Madrid, desenrola anualmente unha serie de cursos en modalidades presencial e on-line.
Nesta ocasión a celebración dun Curso de Vexiloloxía será en Madrid do 12 ao 21 de Abril (presencial e on-line).
Obxecto do curso: Lograr que o alumno sexa capaz de identificar, clasificar e situar historicamente unha Bandeira ou Estandarte así como proporcionarlle unha linguaxe específica.
Información: Por correo ordinario dirixida ao Excmo. Sr. General Director del Instituto de Historia y Cultura Militar, Paseo de Moret, 3. 28008 – Madrid.
E/ou no Museo Histórico Militar A Coruña, Praza Carlos I, s/n, 15001 – A Coruña Tfno. 981205300
El priorato de San Cibrao de Bribes en la Edad Moderna
O artigo “El priorato de San Cibrao de Bribes en la Edad Moderna” de Javier García Gómez, publicado no último Nalgures é obxecto de atención pola prensa.
Un retrato de la regatona coruñesa
A prensa faíse eco dun artigo publicado na nosa revista Nalgures. Trátase do artigo de María de la O Suarez sobre “As regatonas”.
Nalgures XVI engadido para descargar
Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XVI en PDF.
Tratase dun monográfico sobre o mosteiro cisterciense de Santa María de Monfero e a súa documentación (1088-1300), obra póstuma de Jose Luis López Sangil, axudado neste arduo traballo polos socios e amigos Manuel Vidán Torreira e Mª Josefa Sanz Fuentes.
Descargar Nalgures Nº 16Pedro y Muño, a primeira boda gay en España… no ano 1061
¿Un matrimonio gay entre dous homes en 1061?. Máis información sobre esta nova no seguinte enlace.