Facebook

Nalgures XXIV

O pasado xoves, 15 de xaneiro, presentamos nas instalacións do Sporting Club Casino da Coruña a edición XXIV da publicación Nalgures, editada pola Asociación de Estudios Históricos de Galicia; e disfrutamos da interesante conferencia de José M. Bértolo titulada “Os alfolís do sal na vila de Laxe”.

Este novo número da revista chega as nosas mans un ano máis tras superar ese simbólico ecuador que supón o vinte aniversario da propia publicación. Esa continuidade é un feito relevante; unha admirable expresión desa vitalidade e robustez que ten en si mesmo como proxecto colectivo e como puntal das iniciativas da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia. A vocación de rigor e o compromiso cos estudos culturais segue, deste xeito, presente outro ano máis pola vontade dos seus socios.

Neste número que os lectores teñen entre mans, en algo mais de 350 páxinas, hai nove artigos moi plurais que supoñen un percorrido de gran valor por variados aspectos históricos de Galicia, un amplo número de perspectivas de estudio e temáticas, desde este momento, dispoñible para consulta e descarga na nosa web.

Índice de contidos de Nalgures XXIV

  • Arturo Abad Pardo: Noventa y seis pilas: la antigua provincia de A Coruña. Su participación en la Guerra de Sucesión.
  • Cristina Barreiro Abuín: Las obras de Hernando dela Portilla y Gaspar de Arce para la diócesis de Lugo. Aportación documental y gráfica.
  • José M. Bértolo Ballesteros: Os alfolís do sal na vila de Laxe.
  • Luisa Danigo: Galicia despacha «el socorro a Bretaña» por orden de Felipe II.
  • Blais do Río Cañete: Novos personaxes na colección de retratos do seminario de Santiago: Dionisio Fierros e os monxes misioneiros.
  • Javier García Gómez: O mosteiro de Santa María de Cambre, epicentro das loitas polas rendas e dereitos eclesiásticos entre os séculos XV e XVI.
  • Rosario Martínez Martínez: La implicación de Sofía Casanova en la lucha antituberculosa de las primeras décadas del s. XX.
  • Carlos Pereira Martínez: O espiritismo na cidade de Pontevedra desde finais do século XIX ata a Guerra Civil.
  • Ana Romero Masiá: Un mercado coruñés especializado: o dos allos de Malpica.

Nalgures XXIV engadido para descargar

Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XXIV en PDF.

Enrique Lister Forján: un combatiente singular del Ejército Popular durante la Guerra Civil. Un lider carismático del Partido Comunista

José María López-Dafonte Sanjuán envía para descargar o artigo: “Enrique Lister Forján: un combatiente singular del Ejército Popular durante la Guerra Civil. Un lider carismático del Partido Comunista”.

Descargar publicación

Presentacion a revista NALGURES XXIV

A Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta a revista NALGURES XXIV o vindeiro xoves 15 de xaneiro de 2026 ás 20 h. na 3ª planta do Sporting Club Casino, rúa Real, 83.

Felices festas de nadal

Un ano mais, toda a familia que formamos a Asociación Cultural de Estudos Históricos de Galicia, queremos desexarlle unhas moi FELICES FESTAS DE NADAL.

Os nosos castelos: Soutomaior. O castelo e a súa liñaxe

Onte, martes 11 de novembro, inaugurouse en Arcade, Soutomaior, a exposición sobre O castelo de Soutomaior, as súas orixes, historia, liñaxe e parentela nos séculos XII-XVI; na que participa Javier García Gómez, compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, como ilustrador de diferentes imaxes do castelo e elementos heráldicos expostos nos paneis. Poderase ver do 11 de novembro ao 2 de decembro de 2025.

Contra Armada. A maior victoria de España fronte a Inglaterra

Conferencia do historiador e compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Luis Gorrochategui Santos, dentro da Cátedra Jorge Juan da Universidade da Coruña.

Ribadeo Cara ao Mar. Xornadas Arredor do Forte de San Damián

A Asociación de Estudios Históricos de Galicia colabora nas actividades de conferencias, visitas guiadas e posta en valor deste importante elemento patrimonial protagonista da historia de Galicia e Ribadeo desde hai 400 anos.

Organizado polo Concello de Ribadeo, conta coa presenza, entre outros, do compañeiro da asociación o investigador Alberto Paraje Méndez.

As xornadas desenrolaranse o venres 17 e o sábado 18 de outubro de 2025 en diferentes espazos da vila de Ribadeo. Inscricións aquí.

La presencia de Los Canónigos Regulares de S. Agustín en Xunqueira de Ambía

A nosa compañeira da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Rosa María Guntiñas Rodríguez, publica un completo traballo sobre o establecemento de canónigos de San Agustín nas ribeiras do Miño, Sil e Arnoia, e a impronta deixada polo seu asentamento durante varios séculos nesta comarca da Ribeira Sacra.

Podese descargar aquí.

A Coruña y su puerto en el tiempo de la casa de la contratación de la especiería (1522-1529). El sueño imposible del comercio con las Molucas.

Conferencia do noso compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, D. Alfredo Vigo Trasancos, Historiador, Numerario do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.

Xoves, 9 de outubro de 2025, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Autoridade Portuaria da Coruña.

Dentro do ciclo de conferencias “Da Coruña ás Molucas. V Centenario da Expedición de García Jofré de Loaysa (1525)”, con sesións o 16, 23 e 30 de outubro de 2025.




D. Ramón Yzquierdo Perrín

Desde o colectivo da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, sumámonos ó recoñecemento, respeto e admiración a D. Ramón Yzquierdo Perrín, falecido o pasado xoves 2 de outubro en Santiago, sentimento que trasladamos á familia e achegados.

Na súa longa traxectoria, deixa un impagable legado como especialista da arte medieval e na Catedral de Santiago, Catedrático de Arte, docente nas Universidades de Santiago e A Coruña, socio e membro do Comité Científico da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, colaborador da revista Nalgures, cuxo derradeiro traballo tivemos a honra de publicar no 2024.

Coa expresión do noso mais fondo pesar, D.E.P.

Historias aredor da Torre de Guimarei

O investigador e experto en xenealoxía e heráldica D. Luis Ferro Pego, membro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, imparte unha conferencia sobre a historia deste emblemático monumento da Estrada, declarado BIC, dentro da programación da Semana Cultural de Guimarei.

Hoxe xoves, 11 de setembro, ás 21:00 horas no local da Asociación Deportivo Cultural de Guimarei, A Estrada. Mas informacion.

Miguel Souto, La Voz de Galicia, 11 septembro 2025