Facebook

Estudios de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia

Ya está disponible el Boletín 21 (2025) editado por la Asociación Academia de Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia, con ocho nuevos artículos de investigación sobre estas disciplinas, en casi 600 páginas, entre los que destacan varios de autoría de compañeros de la Asociación de Estudios Históricos de Galicia.

Carlos Acuña y Rubio presenta el trabajo titulado “Casa y Sangre Sotomayor. Episcopologio. Ascendencia de 60 obispos, arzobispos y cardenales – siglos XIII al XIX”.

José Manuel Bértolo Ballesteros y Luis Ferro Pego, el titulado “A saga dos Basadre”.

Javier García Gómez, el titulado “Representacións heráldicas en residencias urbanas da cidade da Coruña”.

Alfonso Daniel Fernández Pousada, el titulado “Génesis de dos líneas secundarias de los Falcón en Galicia: Trigo Falcón y Falcón de Soto”.

Localizados e datados varios canóns en Ribadeo e Castropol

Seguen xurdindo novas e aumentando a repercusión mediática sobre o Nalgures XXII (2024). O noso compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Alberto Paraje Méndez, é o protagonista do artigo publicado hoxe, 13 de marzo, no xornal El Progreso de Lugo.

O autor acadou a identificación e datación de cinco pezas de canón en varias localidades, galegas e asturianas, na ría de Ribadeo; formando parte das defensas costeiras que tiveron o seu epicentro no forte de San Damían. O estudo completo verá a luz nas vindeiras semanas nunha publicación monográfica, da que daremos boa conta no seu momento.

Mais información no seguinte ligazón.

Entrevista na Opinión a Javier García Gómez

Entrevista na Opinión A Coruña ó noso compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, Javier García Gómez, sobre o artigo publicado en Nalgures XXII titulado “O mosteiro de Pravio (Cambre). Notas e apuntamentos sobre a súa breve existencia na Alta Idade Media”. Pódese ler aquí.

O espiritismo na cidade de Ferrol no século XIX: O centro La Reencarnación

Entrevista co noso historiador Carlos Pereira. “O espiritismo na cidade de Ferrol no século XIX: O centro La Reencarnación”. Escoita o podcast.

Ribadeo en guerra. O ataque Inglés do ano 1719.

Organizada pola Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, coa colaboración do Concello de Ribadeo, o domingo 2 de marzo ás 17:00 horas, na sala 3 do Forte de San Damián de Ribadeo, Alberto Paraje pronunciará unha conferencia sobre o ataque inglés a Ribadeo do ano 1719.

Foi éste sin dúbida o episodio bélico máis salientable na Historia da nosa Ría, no que participaron conxuntamente o Forte de San Damián e a Batería da Atalaia, cun desenlace certamente inesperado e deixando tras de sí dous dos pecios máis famosos da nosa Ría: as fragatas “San Francisco” e “Galgo de Andalucía”, aínda hoxe sin localizar.

A asistencia será libre e gratuita ata completar o aforo. Lembramos tamén que o Forte de San Damián estará aberto o sábado día 1 de marzo de 10:30 a 13:30 horas, con visita guiada gratuita ás 12:00, previa inscripción.

O Sistema de Veredas da Provincia de Betanzos (Séculos XVIII e XIX)

O Sistema de Veredas da Provincia de Betanzos (Séculos XVIII e XIX), por Álvaro Benedicto Pérez Sancho.

Publicación do compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia no Anuario Brigantino 46 (2023). Texto completo xa dispoñible para consulta pública na plataforma Dialnet.

San Roque, patrono titular de Betanzos desde 1694

El Ideal Gallego publica hoxe unha noticia sobre o patrono de Betanzos, basada no artigo do noso compañeiro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, José Manuel Bértolo Ballesteros, incluido na recente edición do Anuario Brigantino.

Podes ler a noticia completa no seguinte enlace: El ideal Gallego

El Progreso de Lugo, 1 de febreiro de 2025

“Agora chéganos, en forma de libro perfectamente editado, a primeira biografía (obra de pura investigación) doutro coruñés imprescindíbel pola súa figura, legado e transcendencia: Federico Tapia Segade (1825-1891), quen fora, con todas as da lei, o “primeiro alcalde republicano da Coruña”. Romero Masiá e Pereira Martínez, historiadores que xa nos deron formando “tándem” obras, entre outras, sobre Xaime Quintanilla ou sobre a cultura obreira coruñesa, ofrécennos agora un volume de extraordinaria importancia cultural que non debera pasar desapercibido entre nós”, de Miguel Anxo Fernán Vello.

O mosteiro de Pravio (Cambre). Notas e apuntamentos sobre a súa breve existencia na alta Idade Media.

Javier Garcia Gómez envía para descargar o artigo: “O mosteiro de Pravio (Cambre). Notas e apuntamentos sobre a súa breve existencia na alta Idade Media”.

Nalgures XXII engadido para descargar

Xa está dispoñible para descargar na nosa web Nalgures XXII en PDF.

Presentacion Nalgures XXII

Onte, xoves 30 de xaneiro do 2025, presentouse a publicación editada pola Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, Nalgures XXII, correspondente ó ano 2024.

Este acto, ó que asistiu numeroso público, tivo lugar nas instalacións do Sporting Club Casino da Coruña, coa reseña dos 13 artigos de investigación e a posterior conferencia de D. Carlos Pereira Martínez “O espiritismo na cidade de Ferrol no século XIX: o centro La Reencarnación”.

Desde este momento, Nalgures está presente nas principais bibliotecas, arquivos e centros de estudio de Galicia, ademais de accesible para consulta pública neste mismo sitio web.

Presentacion a revista NALGURES XXII

A Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta a revista NALGURES XXII o vindeiro xoves 30 de xaneiro de 2025 ás 20 h. na 3ª planta do Sporting Club Casino, rúa Real, 83.

De seguido, conferencia de Conferencia de D. Carlos Pereira Martínez: “O espiritismo na cidade de Ferrol no século XIX: o centro La Reencarnación”.